Que fai CALM
CALM é un comunicador aumentativo. A frase compóñese con pictogramas ou con teclado, e un modelo de linguaxe interprétaa, complétaa e enúnciaa en voz alta. Esta páxina describe as funcións dispoñibles hoxe en produción.
Funcionamento
Tres pasos. O elemento diferencial de CALM prodúcese entre o segundo e o terceiro.
Composición da frase
Cada pictograma engade unha palabra. A frase permanece visible durante a composición e os seus elementos poden reordenarse ou eliminarse. Tamén pode escribirse co teclado.
Interpretación
O taboleiro produce unha expresión telegráfica: «eu querer auga». O modelo de linguaxe recibe esa expresión xunto co vocabulario contiguo do taboleiro da propia persoa, e non unha mostra aleatoria do léxico.
Resposta e saída de voz
«Quero auga. Dáme un momento, vou buscarte.» A resposta sostén a quenda de conversa en lugar de repetir a frase. Verificado contra o servidor de produción o 18 de agosto de 2026.
O contexto que recibe o modelo
O modelo non recibe o léxico completo, senón o vocabulario que a persoa ten ao seu alcance no taboleiro.
É a diferenza entre unha resposta pertinente e unha resposta inconexa. Con ese contexto, «eu mal» obtén «Que che pasa?»; sen el, a resposta non garda relación coa situación.
Funcións
Capacidades confirmadas a 24 de agosto de 2026.
- 722 pictogramas
- Ilustración propia e derivada de Mulberry Symbols, organizada no espazo de identificadores e categorías de ARASAAC.A clasificación procede de ARASAAC; a ilustración, non. A licenza de cada parte consta no aviso legal.
- Taboleiro configurable
- Buscador de pictogramas, reordenación dentro do taboleiro e dentro da frase, e ocultación de pictogramas ou de grupos completos para reducir a carga cognitiva. A configuración estabelécea o profesional.
- Saída de voz
- CALM enuncia en voz alta tanto a frase composta como a resposta, con axuste de voz e de velocidade.
- Catro idiomas, incluído o galego
- Galego, castelán, inglés e francés, tanto na interface como na resposta. Unha petición de axuda formulada en galego obtén «Necesito axuda. Queres que avise a alguén?».
- Perfís e niveis de vocabulario
- O profesional selecciona o perfil e o nivel de vocabulario. O nivel non aparece en ningún momento na pantalla da persoa que comunica, e descender de nivel resulta tan accesible como ascender: é un axuste, non un retroceso.
- CALM Esencial
- Taboleiro reducido de inicio, para quen precisa expresar o imprescindible sen depender doutra persoa. A denominación é deliberada: un taboleiro curto constitúe un punto de partida, non a etiqueta dunha patoloxía.
Límites do produto
Información necesaria para calquera avaliación que deba xustificarse ante dirección, inspección ou un comité ético.
- CALM non é un produto sanitario
- Non diagnostica, non trata e non rehabilita. Maieuta non afirma eficacia clínica de ningunha clase e non existen estudos que a respalden. Usabilidade, resultado funcional e eficacia clínica son conceptos distintos; esta documentación refírese unicamente ao primeiro.
- CALM non substitúe o criterio profesional
- A determinación do vocabulario que precisa cada persoa correspóndelle á logopeda, ao mestre de Audición e Linguaxe ou ao equipo que a atende. CALM prepara o taboleiro; non decide.
- CALM require conexión
- É unha aplicación web: precisa navegador e rede. Non existe versión instalable nin modo sen conexión.
- CALM atópase en fase beta
- Hai partes da interface sen rematar e funcións que van cambiar. Faise constar antes de calquera avaliación.
Avaliación directa
O acceso obtense creando unha conta, sen contacto comercial previo. Para unha presentación guiada, Maieuta responde persoalmente a cada consulta.
Continuar por aquí
- Ler a información para centros
Requisitos, accesibilidade, datos e menores: o necesario para xustificar unha avaliación.
- Consultar as preguntas frecuentes
Respostas breves sobre uso, dispositivos, idiomas, privacidade e estado do produto.
- Escribir a Maieuta
Responden directamente as dúas persoas do equipo, en dous días laborables.